Andeis baleiros nalgúns supermercados

0 minutes read

O papel hixiénico foi un dos primeiros produtos en esgotarse nos supermercados da zona. Algúns ofrecen a estampa de andeis baleiros e carros da compra cheos. Falta tamén carne, leite (hai de marca branca) e nótase o aumento da demanda de produtos doces. Produtos básicos, como arroz, pasta e patacas, hai dabondo, marcando o que se presenta para algúns como uns longos días na casa. Non debe render a alarma: os produtos iranse repoñendo, e os supermercados abrirán sen límite horario.