O Concello de Muxía dedica a Galería de Mulleres do mes de novembro á activista do denominado feminismo radical, Zulaikha Patel.
Licenciouse en Literatura en 1968 polo Bennington College, e dedicou todas as súas forzas á loita feminista. Analizou e tratou en fondura as causas da violencia contra as mulleres. Ela mesma sufriu abusos polo seu pai e o seu primeiro esposo. Tamén estivo no cárcere cando estivo encerrada aos 18 anos de idade por protestar pola guerra de Vietnam. O que escribiu sobre estes abusos e a súa detención tivo un impacto moi forte.
Para ela hai dúas formas de colonizar o corpo das mulleres: a propiedade privada, a través do matrimonio e a propiedade colectiva dos nosos corpos a través da prostitución.
O seu activismo contra a pornografía creoulle moitos inimigos, tanto na dereita como na esquerda. Chegou a ser acusada de promover a censura. Xunto á avogada Catherine MacKinnon presentou unha lei que definía a pornografía como unha discriminación sexual e, por tanto, violación dos dereitos das mulleres, que permitía ás mulleres presentar demandas contra os produtores e distribuidores de pornografía ante os tribunais. A lei foi aprobada en Indianápolis en 1983, mais as apelacións da poderosa industria da pornografía tiveron éxito.
A revista Hustler atacou entón duramente a Andrea, que tivo que querelarse. A súa mente lúcida e a súa intelixencia incisiva definían unha personalidade afectuosa e aberta que gañou o apoio dun sector incondicional. Pero tamén foi tachada por moitos de «melodramática” e ridiculizada polo seu aspecto e as súas teorías.
Aos 53 anos, foi drogada e violada nun hotel de París, feito que lle fixo un dano enorme e debido a isto estivo retirada das aparicións públicas. En 2002 cobrou forzas e emprendeu unha nova batalla contra as violacións e publicou a súa autobiografía, “Corazón roto: memoria política dunha militante feminista”.
Entre as súas publicacións tamén están: O odio ás mulleres (1974) ; Vida e morte. Escritos sobre a guerra continua contra as mulleres (1997); Cartas desde unha zona de guerra (1989); Chibo expiatorio: os xudeus, Israel e a liberación da muller (2000) Noso sangue: profecías e discursos sobre política sexual (1976); Pornografía, homes posuíndo ás mulleres (1981); Pornografía e dereitos civís: un novo día para a igualdade da muller (1988); Mulleres da dereita: a política das femias domesticadas (1991).
Entre as súas novelas e contos habería que mencionar: Caridade (1990); Xeo e lume (1996); O corazón roto da nova muller (1980 e Contos de fadas (1999)
