Andrés Fernández Calderón é o novo xerente de Expocoruña

dpm.

Andrés Fernández Calderón (A Coruña, 1981) é o novo xerente de Expocoruña, tras o seu nomeamento por parte da Presidencia do Padroado do Instituto Feiral da Coruña.

Diplomado en Turismo pola Universidade Antonio Nebrija e máster en Dirección Hoteleira pola Universidade Autónoma de Barcelona, conta con máis de 18 anos de experiencia no sector do turismo e a xestión hoteleira en diferentes países, en compañías como Barceló, Meliá ou Carrís Hoteles.

A elección de Andrés Fernández realizouse mediante un proceso selectivo no que se avaliaron preto de 500 candidaturas, atendendo a criterios de competencia profesional, cualificación, formación e experiencia en función do cargo a desempeñar, co obxectivo de darlle un novo pulo ao recinto feiral coruñés no actual contexto económico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha