Andrés Prieto Villar, da AD Fogar, 20º elite na Copa de Europa de Yenisehir

O pasado domingo 22 de outubro Andrés Prieto Villar volvía a competir na localidad turca de Yenisehir noutra das probas elite da Copa de Europa de Tríatlon sobre a distancia sprint, proba na que rematou noutra traballada 20ª praza. Desta volta Andrés volveu saír cos mellores logo do primeiro segmento de natación pero quedou cortado no tramo ciclista, onde non atopou a colaboración suficiente como para contactar co grupo cabeceiro. Na carreira a pé volveu perder posicións como xa lle ocurrese en Ceuta e Alanya para rematar 20º en 53 minutos e 18 segundos polos 52 minutos e 13 segundos do vencedor, o italiano Samuele Angelini.
Compre subliñar tamén que Alexandre Rodríguez, Rubén Otero, Hugo Souto e Adrián Sancho representaron á AD Fogar o pasado sábado en Vedra no Campionato Galego de Dúatlon Contrarreloxo por equipos, no que remataron na 11ª praza dos 22 equipos que tomaron a saída.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha