Andrés Prieto Villar, triatleta da AD.Fogar, convocado para o Mundial Júnior de Triatlón


Andrés Prieto Villar (2003), vén de ser convocado pola FETRI para tomar parte os días 6 e 7 de novembro de 2021 no Campionato do Mundo Júnior de Tríatlon a celebrar na localidade portuguesa de Quarteira. O mundial desenvolverase sobre a modalidade sprint e as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. O combinado nacional júnior masculino conformano 4 triatletas co propio Andrés Prieto, o tamén galego Esteban Basanta, David Cantero, e máis Igor Bellido. O triatleta da AD.Fogar que na actualidade adestra cunha beca de estudos no CAR de Madrid, conta con manter o nivel amosado nas súas primeiras experiencias internacionáis da Copa de Europa Júnior, 5º en Olsztyn, 3º en Riga e 14º en Banyoles e todo iso a pesar de ser júnior de primeiro ano.