Ángel Cordero, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, impartirá novo curso de fotografía en Carballo

1 minutes read
  • Hai 30 prazas. O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 17 de abril no Pazo da Cultura

Por terceiro ano consecutivo, a Concellaría de Cultura organiza un curso de fotografía coincidindo co certame Xosé Manuel Eirís. O encargado de impartilo será Ángel Cordero Gómez, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, que afondará na Lectura da imaxe fotográfica.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 1 e o 17 de abril. A participación é gratuíta. As persoas interesadas poden informarse nas oficinas do Pazo da Cultura. Hai 30 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, aínda que terán preferencia os/as participantes en calquera das últimas cinco edicións do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

O curso vai dirixido a persoas afeccionadas á fotografía e ás artes plásticas en xeral, con ou sen coñecementos de fotografía. O programa inclúe tres sesións, que se celebrarán os días 24 de abril, e 8 e 22 de maio, de 20.00 a 21.30 horas, e nas que se abordarán as correntes fotográficas do novo realismo, o glamour e o abstraccionismo, así coma a imaxe dixital e as súas propostas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?