Ángeles Vázquez informou en Santa Comba das axudas ás entidades de pesca

As entidades colaboradoras de pesca fluvial poderán optar a axudas de case 12.000 euros para levar a cabo accións divulgativas e de vixilancia fluvial. Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante un encontro para coñecer o labor da Asociación Deportiva de Pesca Santa Comba-Xallas, entidade que ao abeiro das dúas convocatorias anteriores se beneficiou de dúas axudas por un importe global de 3.000 euros. Con este tipo de accións se perseguen dous obxectivos concretos: reforzar o control e a protección dos ríos galegos e contribuír á divulgación dunha pesca fluvial máis sustentable, especialmente entre os cativos e os mozos, co que asegurar a necesaria remuda xeracional.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha