Animada Festa dos Maiores en Cerceda

1 minutes read

Chegadas as 14:00 horas deste sábado comezaba a Festa da Terceira Idade do Concello de Cerceda no Pavillón de Limeisa, onde 587 persoas desfrutaron dun xantar común e a posterior sesión de música e baile.  Acompañaron ós maiores o alcalde, Juan Manuel Rodríguez e as concelleiras e concelleiros Suso Rama, Catrina Queijo, Cristina Capelán, Francisco Boquete, María del Carmen Martínez e Ángel Gestal. A cita serviu para un acto de convivencia de xentes que levaban tempo sen verse ou comunicarse, veciños de núcleos urbanos e dos lugares máis recónditos de cada parroquia, moitos amigos da infancia ou parentescos. A organización municipal coidou os detalles para este evento de convivencia especial, feito que os veciños agradeceron.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?