Animado concerto en Cerceda, promovido polo Instituto para a Transición Xusta


Cerceda foi escenario este sábado dun recital único, protagonizado por Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Margarida Mariño. Celebrouse no lugar de Pontoxo ás 20:00 horas, con entrada libre ata completar aforo. Tratouse dun evento promovido polo Instituto para a Transición Xusta e coa colaboración da Administración local.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre tocaron nun poderoso directo no que tanto o autor como as 10 cantoras e percusionistas que o acompañaron cativaron ao público presente.

Presentaron ‘As catedrais silenciadas’, o terceiro e más recente traballo que reflexiona sobre a despoboación, o abandono do rural e o perigo de perder a identidade e a cultura propia nunha sociedade como a galega.

Margarida Mariño executou temas do seu traballo en solitario Cello&Electronics, fusionando o violoncello clásico cos pedais de efectos, voces, loops e electrónica. O proxecto presentouse no WOS Festival e desde entonces percorreu cunha boa acollida escenarios como Prinsenktartier en Delft, Onder aan de Dijk en Rotterdam, o Teatro Colón na Coruña ou o Auditorio Conde Duque en Madrid.

Autoridades e público asistente ao evento.