Ano de pleno para o Bergantiños | O equipo feminino tamén ascende, a 1ª Liga Galega

Bergantiños feminino a súa saída hacia Caldas de Reis, posa co médico do club, Juan Carlos Díaz.

Nunha tempada complicada en todos os aspectos e claramente afectada pola pandemia da Covid-19, os equipos do Bergantiños FC lograron unhas marcas que, a recado, quedarán reflectidas para a historia do club carballés. O equipo senior masculino lograba o pasado 2 de maio o ascenso á Segunda RFEF 35 anos despois. Este sábado os equipos xuvenís A e B vencían aos seus respectivos rivais, polo que o Bergantiños xuvenil A xogará a próxima tempada en Liga Nacional, e o B, en Liga Galega.

O broche de ouro para o Bergantiños esta tempada poñíao este domingo o equipo feminino que se xogaba o ascenso no estadio municipal As Corticeiras de Caldas de Reis, fronte ao C.D. Bueu. A sorte púxose de fronte para o conxunto carballés dirixido por Gueli Cotelo, no primeiro minuto de partido adiantábase no marcador por mediación do dorsal 15, Laura Caamaño.

O encontro tivo ocasións para ambos os equipos, dúas moi claras para o Bueu na segunda parte, onde Andrea, porteira do Bergantiños, tívose que empregar a fondo para evitar o empate. Pero como ata o asubío final nada está decidido, o Bueu pelexouno e conseguiu poñer táboas no marcador no minuto case 88, 1-1, forzando así a quenda de penaltis.

Nun toma e daca igualado de goles e fallos desde os nove metros. Emoción ata o final, 4-4 no marcador, lanza a xogadora do Bueu, Paula, e falla. Toda a responsabilidade chegaba ás botas da xogadora do Bergan, Bárbara Caamaño, que dispara a sangue fría e marca. Desta forma o Bergantiños feminino logra o ascenso a 1ª Liga Galega e pon o broche de ouro a unha tempada magnifica para o club carballés.

Bergantiños FC feminino, en Caldas de Reis.