50
A Coordinadora Nacional de Anova aprobou este sábado os nomes das persoas da organización que se integrarán nas listas de Galicia en Común-Anova-Mareas. Martiño Noriega será o número 3 pola Coruña, Iria Figueroa a número 2 por Pontevedra e Miguel Anxo Fernán Vello o primeiro da lista de Lugo. O portavoz nacional, Antón Sánchez está á fronte de Anova pero non concorrerá na candidatura.
«A decisión é que neste momento, despois de oito anos de moito traballo no Parlamento, a vida son etapas e hai que cambiar. Sempre dixemos que o traballo na institución non é o único, o compromiso político para nós é para toda a vida e eu axudarei desde onde estea e como poida tanto ao labor institucional como ao labor nas rúas.»