Anquela | “No Deportivo cambiaron moitísimas cousas, ademais do adestrador”

1 minutes read

Juan Antonio Anquela, exentrenador branquiazul, considera que cambiaron “moitísimas cousas” desde a súa marcha, máis aló da presenza de Fernando Vázquez no banco.
Anquela deixou claro que se alegra pola melloría do que foi o seu equipo hai só uns meses. “A xente do Dépor meréceo. O Dépor non pode estar aí abaixo, pelexando polo que está a pelexar. Con Fernando, cando gañaron os seis partidos e un de Luís César, tivo tempo de engancharse arriba. Pero logo colleron unha mala dinámica, que isto é a Segunda División. A Segunda non hai por onde collela, tesche que adaptar ao que vén. Hai que ter calma e paciencia nos malos momentos e, cando veñen os bos, aproveitalos. Eu sempre tiven confianza en que o equipo ía saír de aí abaixo. E máis cando vin os reforzos que fixeron e como se adaptaron, que están a achegar moitísimo”. O andaluz recoñeceu que a dinámica do equipo fixo inevitable a súa destitución, aínda que quixo sinalar que a tempada non podía darse por perdida cando el estaba ao mando. “Había tempo para todo, aínda que o inicio foi nefasto, fixemos uns números paupérrimos. Pero cambiaron moitas cousas, non só cambiou o adestrador. Cambiaron moitísimas cousas e sobre todo o adestrador, que deu algo novo. A xente que veu implicouse e do equipo que era a principio de tempada ao que é agora hai un abismo“, asegurou.