Anticorrupción pide 19 anos de cárcere para Zaplana pola cobranza de comisións

A xuíz do Xulgado de Instrución número 8 de Valencia abriu xuízo oral contra o expresidente da Generalitat Valenciana Eduardo Zaplana, polo caso Erial, e para o que a Fiscalía Anticorrupción reclama 19 anos de prisión polos delitos de organización criminal, branqueo de capitais, suborno, falsidade en documento oficial e mercantil e prevaricación administrativa. Zaplana está considerado máximo responsable dunha suposta trama de comisións ilícitas e branqueo de capitais que se iniciou coa privatización das ITV valencianas. O Ministerio Público pide o comiso de 20,6 millóns de euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha