Anticorrupción pide reabrir o caso Kitchen para investigar a Cospedal

A Fiscalía Anticorrupción cre que hai «suficientes indicios de criminalidade» para investigar á exsecretaria xeral do PP María Dolores de Cospedal no caso Kitchen, e pide á Audiencia Nacional que se revogue o peche da instrución. Os fiscais presentaron este luns un recurso ante a Sala do Penal da Audiencia Nacional contra a decisión do xuíz Manuel García-Castelló de eximir de responsabilidade á dirección do PP na presunta espionaxe ao extesorero Luís Bárcenas. Ademais, tamén piden a imputación do exdirector xeral da Policía Ignacio Cosidó.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha