A sede do Comité Organizador dos Xogos Olímpicos de París 2024 anunciou este martes que é obxecto dun rexistro policial dentro dunha investigación da que non hai por agora máis detalles. «Un rexistro está en marcha nestes momento na sede do Comité Organizador. París 2024 colabora plenamente cos investigadores», sinalou o Comité nun comunicado. Engadiu que, ao seu coñecemento, non é obxecto de ningunha investigación xudicial na súa contra. O rexistro, que leva a cabo a a Oficina Central da Loita contra a Corrupción e as Infraccións Financeiras e Fiscais, coincide con denuncias de traballadores sen contrato nas obras de construción de París 2024. O rexistro coñécese o mesmo día no que a emisora pública France Info informou de que varias grandes construtoras que realizan obras para os Xogos foron demandadas por traballadores sen papeis.
21