Antonio Basanta | Novo director xeral de pesca, acuicultura e innovación tecnolóxica

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presidiu a toma de posesión de Antonio Basanta como novo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica en substitución de Mercedes Rodríguez Moreda. A titular de Mar agradeceu o labor desenvolvido nos últimos anos por Mercedes Rodríguez e felicitou a Antonio Basanta polo seu nomeamento, un paso máis, salientou, na súa constante dedicación e traballo a prol do sector marítimo-pesqueiro galego.

Antonio Basanta agradeceu a confianza mostrada ao ser nomeado para o cargo e trasladou o seu compromiso total cun sector ao que está vencellado desde o inicio da súa traxectoria profesional. Ata o momento do seu nomeamento era xefe de gabinete da Consellería do Mar e anteriormente desempeñara distintas funcións nas Consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural e do Mar. Tamén foi mariñeiro de pesca e en embarcacións de servizos portuarios, docente de diferentes cursos e mestrados das tres universidades galegas e ten participado e colaborado en varios proxectos da Unión Europea.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha