Antonio Couceiro é o novo presidente do Deportivo

1 minutes read

O Deportivo ten novo presidente. Antonio Couceiro releva no cargo a Fernando Vidal. Unha vez que Vidal presentou a súa dimisión este luns xunto ao resto de conselleiros, comeza un novo capítulo no club branquiazul.

Así as cousas, Antonio Couceiro, presidente da Cámara de Comercio da Coruña, de AFIGAL e CESGAR pasa a ser o máximo mandatario do club branquiazul de maneira inminente. Este enxeñeiro de camiños, presidiu con anterioridade a Autoridade Portuaria da Coruña. Ademais, foi director xeneral de Begano e Conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia. Nesta nova etapa estará acompañado por catro empresarios máis:

Eduardo Blanco (A Coruña, 1955), Licenciado en INEF. Carlos Cantou, Licenciado en Administración de Empresas. Enma Lustres (O Grove, 1975), é a fundadora de VACA Films Studio.David Villasuso Castaño (A Coruña, 1973). Actual conselleiro e director xeral do Real Club Deportivo.