Antonio Hernando, fichado para o gabinete de Presidencia


O exvoceiro do PSOE no Congreso, Antonio Hernando, será o futuro director adxunto do gabinete de Presidencia. Anunciouno Pedro Sánchez, un día despois dun congreso federal marcado polos xestos de reconciliación no Partido Socialista. Hernando foi home de confianza de Sánchez durante a súa primeira etapa como secretario xeral do PSOE. Romperon en 2016, cando a rebelión dos baróns socialistas precipitou a caída de Sánchez e Hernando defendeu no Congreso a abstención que permitiría gobernar a Mariano Rajoy.