Hidalgo asinou por unha temporada don opción de ampliación a outra máis. O técnico catalán incorpórase ao Club con plena convicción no proxecto deportivo, ilusionado por formar parte dunha etapa ambiciosa e compartida de crecemento. Destaca pola súa capacidade para construír equipos sólidos e ordenados. Na temporada 2023-24, o seu traballo á fronte do Huesca converteu o equipo no menos goleado da categoría e o máis eficaz en accións a balón parado. O novo técnico deportivista destaca tamén por optimizar o rendemento dos cadros, como deixou patente na súa etapa no Huesca. Sen ir máis lonxe, esta última temporada asinou unha serie de 14 partidos consecutivos sen coñecer a derrota co club oscense. O RC Deportivo dá a benvida a Antonio Hidalgo, convencido de que a súa experiencia, personalidade e visión reforzarán con forza o rumbo deportivo do Club.