Antonio Pensado e dous familiares quedaron libres dos cargos que se lles imputaban

Antonio Pensado Plágaro, alcalde de Coristanco entre 1991 y 2015.

O exalcalde de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro, a súa esposa e un fillo, quedaron absoltos -por falta de probas- dos delitos de malversación de fondos, prevaricación e fraude dos que era acusado o exrexedor por presuntas irregularidades no pago de unas facturas, e nos que os seus familiares estarían presuntamente implicados. Así o decidiu a sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, onde foi xulgado, e polos que a Fiscalía solicitaba para o exrexedor cinco anos de prisión e 27 de inhabilitación.