Anulada a condena contra o alcalde de Cerceda

Fonte: páxina oficial do concello

  • A Audiencia Provincial anula a condena e obriga a repetir o xuízo
  • José García Liñares poderá presentarse como candidato á alcaldía nestas eleccións

A Audiencia Provincial de A Coruña anulou a sentenza pola que o alcalde de Cerceda, José García Liñares, fora condenado a un ano e seis meses de prisión, ademais de a 16 anos de inhabilitación por prevaricación e fraude á Administración.

Consideran que no xuízo quedou comprometida a «imparcialidade» do xuíz José Antonio Vázquez Taín. Deste xeito, prospera o recurso interposto pola defensa do rexedor, que foi defendido polo letrado Ulises Bértolo, de Bermor Avogados.

Liñares poderá concorrer de novo aos comicios municipais do próximo 26 de maio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha