Anunciada a incorporación de 1.000 novos docentes ao sistema educativo galego

1 minutes read

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, anunciou a contratación de arredor duns 1.000 novos docentes que se incorporarán ao sistema educativo galego este curso, entre as novas contratacións para atender aos desdobres de aulas e os dos programas de reforzo educativo.

En concreto trátase de 240 novos mestres que se van contratar para atender ás 158 novas unidades (grupos de clase) en Infantil e Primaria; outros 543 docentes de apoio (221 para Primaria e 322 para ESO) contratados a través do Programa ARCO de reforzo educativo; e unha contía aínda sen concretar de docentes para Secundaria, Bacharelato e FP (pendentes do peche de matrícula en setembro logo das probas de recuperación); que fan un total estimado que se achega ao millar de novos profesores.