Anunciada a licitación das obras de mellora da potabilizadora de Noia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou a licitación das obras de mellora da potabilizadora de Noia, cun investimento de 1,3 M€ e o obxectivo de servir ata 24.000 habitantes. 

Sinalou que se está a traballar co obxectivo de poder adxudicar o contrato nos primeiros meses de 2024 e, a continuación, tan pronto como sexa posible, empezar a executar as obras, que teñen un prazo de execución de 6 meses.

A mellora da estación potabilizadora de Noia é unha necesidade que se debe atender, por razóns de capacidade, xa que foi deseñada para servir a unha poboación aproximada de 15.000 habitantes e iso hoxe é insuficiente para o municipio. Tamén é necesaria a mellora da planta, xa que non está automatizada, carece de pretratamento previo e ten problemas no sistema eléctrico. Para solucionar estas eivas, o proxecto deseñado vai permitir modernizar e ampliar a capacidade da potabilizadora.

A titular de Infraestruturas precisou que se procederá á instalación dun pretratamento completo, de dúas bombas somerxibles, á automatización do proceso, á execución dunha nova liña de lodos, á instalación dun bombeo de recirculación para a desinfección e á reforma do circuíto hidráulico e da instalación eléctrica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha