Anunciadas actuacións de mellora na rede viaria en Guisamonde e Xurarantes, en Muxía

O Goberno local de Muxía anuncia dúas actuacións, en Guisamonde e Xurarantes, que mellorarán a rede viaria do municipio.

Na primeira, actuarase no vial que conecta o núcleo de Guisamonde co de Morquintián,  unha intervención que suporá o 70% do investimento total debido á súa lonxitude e que mellorará a conexión entre núcleos rurais do municipio.

A segunda actuación, na estrada que une o núcleo de Xurarantes coa estrada de Lourido, virá a completar as obras que actualmente está facendo a Deputación da Coruña na rotonda e co acceso ao km0 no núcleo de Muxía. Estas obras crearán unha rede de conectividade enlazada, mellorando tamén o acceso á tradicional «Fonte do Bico».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha