- Fai un alegato na defensa do Bloque por ser «capaz de resistir» estes anos. «A miña visión supera a clave ideolóxica e trátase dunha cuestión de pragmatismo puro», di tras alonxarse da formación da que foi voceiro nacional.
O que fora exvicepresidente da Xunta co bipartito, leva apartado anos da vida política activa e mesmo alonxado do BNG, pero,saíu este mércores en axuda da formación da que foi portavoz nacional. E fíxoo cando as enquisas apuntan a que o BNG podería quedar sen escano en Galicia tras o debate do pasado luns. Por iso, insistiu en que Galicia ten que ter «voz propia» en Madrid co regreso do BNG ás Cortes tras o 10N. Ademais, defende que, na actual conxuntura política, o Bloque disputa en Galicia escanos á dereita «en calquera das súas versións» polo que, cuns bos resultados para o nacionalismo, mataríanse dous paxaros dun tiro».