O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Xunta aplica desde o 1 de setembro e ata o 31 de decembro, un desconto do 50% nos prezos do autobús autonómico e estenderáas rebaixas ao transporte da ría de Vigo e ao ferrocarril na área de Ferrol. A redución temporal do prezo, que mañá publicará o Diario Oficial de Galicia (DOG), aplicarase ás tarifas dos bonos mensuais, así como ás viaxes aboadas coas tarxetasde Mobilidade de Galicia.
Rueda, quen enmarcou esta nova medida na aposta da Xunta pola mobilidade sostible, fixo referencia aos fondos anunciados en xuño polo Goberno central para que as autonomías apliquen unha bonificación de ata o 50% no transporte da súa competencia a partir do 1 de setembro. “A día de hoxe non temos ningunha concreción, ningunha consignación de fondos e, por iso, a Xunta asumirá desde o 1 de setembro esa bonificación do 50% a cargo de fondos propios. Non podiamos esperar máis”, explicou, nunha visita á estación de autobuses intermodal de Santiago.