O Calvo Basket Xiria xogou este sábado a domicilio a xornada terceira desta 2ª fase de Ascenso contra un dos equipos que coñece ben dos partidos xogados no Grupo Norte, o Obradoiro USC. Era un partido importante para os carballeses, para seguir mantendo opcións de estar na parte alta da clasificación e poder disputar a fase final desta competición de 1ª División Masculina. En termos xerais, o partido estivo bastante igualado, excepto no segundo cuarto onde o Obradoiro foi claramente superior.
O Obradoiro mostrouse como un equipo moi físico e ao Basket Xiria custoulle defenderlles. A puntuación por parciais foi de 13-18, 22-11, 17-17 e 17-20, cun resultado final de 69-66. Pablo López-Pizarro foi o Xogador Calvo da Xornada con 19 puntos. A pesar da axustada derrota por tres puntos, as sensacións foron boas para un conxunto carballés que xa pensa na próxima xornada contra O Porriño, ao que se logra gañarlle, entraría nunha nova fase de ascenso.