O Deportivo deixouse a súa última bala ante o Mirandés (1-0) e xogarase o descenso a Segunda B sen depender de si mesmo na última xornada. O conxunto branquiazul realizou unha primeira parte impropia dun equipo que se xoga a vida e cando quixo reaccionar foi tarde. O medo pesou como unha laxa nos xogadores, que en ningún momento deron mostras de merecer a permanencia. Fernando Vázquez optou por volver ás raíces. Esperar atrás e tratar de saír á contra. Só se produciu a primeira parte do plan. Porque o medo fai que o equipo estea seguro na cova. Pero demasiado. Cando había que decidir entre ir ou quedar, sempre había un paso atrás. E o Mirandés, que ten moito fútbol, facía o contrario. Sempre ía. As ocasións chegaron con contagotas mentres Mujaid sostiña ao equipo coas súas pernas. Pero esta vez non houbo o gol nin goles milagrosos.
36