44
O BNG lanzou un vídeo no que conta de forma breve a historia do espolio da AP-9, logo de que fai uns días o deputado do BNG, Néstor Rego, acompañado pola deputada no Parlamento de Galicia, Iria Carreira, e as concelleiras de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartin e Navia Rivas, presentaran unha campaña social co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9 comprometidas no acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE. Así mesmo, a organización nacionalista solicitou no Congreso que a Lei de transferencia de competencias da autoestrada se faga pola vía de urxencia.