Apagouse o son do acordeón diatónico de Pazos de Merexo

Triste comezo de semana para Muxía, A Costa da Morte, Galicia en xeral e parte do seu folclore. Manuel Pazos Redonda, coñecido popularmente como Pazos de Merexo faleceu este luns aos 92 anos de idade.

Aprendendo de oidas, chegou a ser un mestre de mestres. Actuou en varios escenarios de todo Galicia, en programas de televisión e gravou un disco biográfico con Xurxo Souto e Pedro Pascual e que nos quedará na memoria do que foi un gran artista e mellor persoa D.E. P.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha