Apaixonante xornada de balonmán este sábado en Carballo

0 minutes read

Este sábado ás 20:30 horas, o Calvo Xiria quere afianzar o liderado diante do Balonmán Ingenio, un equipo que xa puxo en apuros aos xogadores de Carballo a tempada pasada. Por tanto, o Calvo Xiria quere realizar un partido completo e seguir na dinámica de xogo construída ata o momento. O xogo colectivo é fundamental e afianzar a zona denfensiva unha das fases craves do éxito logrado por agora. Concentración durante 60 minutos ante un conxunto canario que as últimas semanas mellorou notablemente o seu xogo; e móstrase como un equipo perigoso.