Un turismo Peugeot conducido por un mozo protagonizou unha aparatosa saída da vía quedando totalmente esnaquizado tras o impacto coa gabia e cunhas árbores ao marxe da estrada. O suceso producíase pasados uns minutos das doce do mediodía deste venres á altura do quilómetro 3,5 da estrada DP-1912 que une o núcleo de Coristanco coa DP-1914 en Rus, Carballo, preto da parroquia de Erbecedo. Por causas que se investigan, o condutor, e único ocupante do coche, perdeu o control do turismo e tras cruzar o carril contrario sentido Rus saíuse totalmente fóra da estrada e quedou atrapado e aturdido no seu interior, tendo que ser liberado polos Bombeiros de Carballo, pero por sorte as súas feridas non revestían gravidade, a pesares do estado no que quedaba o vehículo. Emerxencias mobilizaba tamén a Protección Civil e Policía Local de Coristanco e á Garda Civil de Tráfico.
26