51
Un tractor, cunha cisterna a remolque, precipitouse a última hora da tarde deste martes por un desnivel de sete metros en Vimianzo, na ponte que enlaza con Señoráns, en Santa Irena, na parroquia de Salto. O accidente provocou unha pequena vertedura de xurro ao río Grande. O 112 coordinou o envío ao lugar o 061, Policía Local e o persoal de Medio Ambiente, que se fixo cargo das tarefas de control da vertedura. Outra cisterna acudiu ao lugar para realizar o trasvase da carga da cisterna accidentada. Por sorte o condutor da máquina resultou ileso.