Aparatoso incendio nun hotel de Madrid


Un aparatoso incendio afectou ao Hotel Novo Madrid, situado xunto á zona norte da M-30, do que tiveron que ser desaloxadas unhas 200 persoas nos primeiros minutos do sinistro que non provocou feridos. O hotel, de catro estrelas, inaugurado no ano 2005, atópase situado no número 27 da rúa Bausá, na zona de Ciudad Lineal e estaba aberto ao público. No incendio traballaron 15 dotacións de Bombeiros do Concello de Madrid e 9 equipos do Samur-Protección Civil, así como 11 dotacións de Policía Municipal. A columna de fume divisouse desde gran parte da capital de España. Ao parecer incendiouse un conduto de ventilación desde as plantas inferiores ata as superiores.