Aparece en Viscaia un posible caso de coronavirus chinés


O Departamento de saúde do Goberno vasco detectou en Viscaia un caso sospeitoso de neumonía asociada ao coronavirus de orixe chinés nunha muller que regresou recentemente da provincia de Wuhan e presenta sintomatoloxía ligada a esta doenza. A muller está ingresada no Hospital de Cruces en réxime de illamento. Á espera de confirmación, o Goberno vasco puxo en marcha o protocolo de actuación e as medidas preventivas. As mostras da analítica foron enviadas ao Centro Nacional de Microbioloxía de Majadahonda, laboratorio de referencia. Está previsto que os resultados se coñezan entre este sábado e o domingo.