Aparece falecido no interior dun vehículo o octoxenario desaparecido este sábado en Teo

1 minutes read

Contra as catro da madrugada deste domingo, persoas que participaron na busca comunicaron a través do 112 Galicia a súa aparición.

Pouco máis tarde, foi corroborado polos axentes da Garda Civil: estaba no interior dun coche estacionado na Rúa Cernadelo, Calo, Teo. Atopárono falecido.

Cómpre lembrar que na tarde de onte, os axentes de seguridade informaron aos xestores do 112 da desaparición dun octoxenario na urbanización Campos de Mirabel, no mesmo concello coruñés.

Ao operativo de busca sumáronse os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico da Axega cos drons. Sen embargo, e tras un tempo de busca, finalizaron con resultado negativo.

Despois, cando xa pasaban das catro da madrugada, as persoas que estiveran durante todo o día de onte axudando na busca do señor, atopárono sen vida no interior dun coche.