Aparece morto con disparos un home desaparecido en Ribeira

1 minutes read

Trátase de Manuel Sieira Martínez, un home de 60 anos, veciño da Amarella en Ribeira, este luns a familia denunciara a sua desaparición. Puxose entón en marcha un dispositivo de busca no que participaron Policia Local, Protección Civil, familia e amigos.

Pero o operativo suspendeuse cando un achegado da famila botou en falta unhas chaves que gardaba Manuel e que pertencían a un local que antigamente albergara, a coñecida discoteca Claqué, na rua Cristóbal Colón. O home foi ata ali e localizou o corpo de Manuel Sieira sen vida.

Segundo fontes da investigación o cadáver presentaba disparos de arma de fogo. A Policía Nacional de Ribeira dirixe as pescudas para intentar esclarecer as circunstancias da morte.