Aparece morto cun disparo en Cances-Carballo

1 minutes read

Un home de 53 anos de idade, J.M.G.L., casado e cunha filla, apareceu ao mediodía deste xoves, segundo fontes próximas, morto cun disparo de escopeta na súa cama, parece ser que aínda estaba en pixama e investígase o modus operandi e se se puidese tratar dun suicidio. Esta persoa en cuestión residía no lugar de Cances Grande, en Carballo, aínda que natural da parroquia de Sofán, e traballaba un negocio familiar de maquinaria agrícola en Arteixo. Unha vez dada a voz de alarma, ao lugar desprazouse a Policía Local, a Garda Civil de Carballo e unha ambulancia do 061, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida.