43
Trátase de Antonio Higuero, un cirurxián de 49 anos que se atopaba de garda a noite deste sábado e que foi achado sen vida na sala de descanso do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por algúns dos seus compañeiros. Tras recibir o aviso por parte do persoal do centro sanitario, as autoridades xudiciais investigan agora as posibles causas da súa morte, que se esclarecerán, como é habitual, cando se lle realice a autopsia. O cirurxián, pai de dous fillos, era moi coñecido e a noticia sobre o seu falecemento estendeuse pronto polas instalacións, e tamén a conmoción entre o persoal que se atopaba esa noite de garda.