Aparece morto un home que saíra nunha canoa de Lira a Caldebarcos

1 minutes read

O home, de 45 anos, desapareceu este domingo cando saíu a navegar nunha canoa desde o porto de Lira cara a Caldebarcos, nun momento e nunha zona na que había moito vento. A súa parella deu a voz de alarma e montouse un dispositivo de busca que localizou o home morto, o barco Don Inda trasladou o cadáver ao porto de Lira. A este suceso súmase outro con mellor final rexistrado horas antes en Vilagarcía cando os servizos de emerxencias da localidade tiveron que remolcar dúas embarcacións nas que seis persoas regresaban da iila de Cortegada e se desorientaron pola néboa. Coa axuda chegaron ben á praia das Cunchas sen precisar atención.