Uns peregrinos atoparon o corpo sen vida doutro camiñante na ruta cara aos Faros, preto da Praia da Arnela, en Fisterra. Así o comunicaron mediante unha chamada ao 112 Galicia preto da unha da tarde deste venres.
Os axentes da Garda Civil e da Policía Local, que intentan esclarecer as circunstancias do suceso, sinalaron que a vítima podería levar un tempo morta debido áo estado do corpo.