Aparece na auga o corpo sen vida dunha muller en Redondela

Unha muller duns 60 anos faleceu na tarde deste venres na zona do paseo de madeira da Portela, en Redondela. Segundo fontes policiais, uns veciños vírona pasear e posteriormentee escoitaron uns gritos, pero cando chegaron ao lugar do suceso, xa estaba aboiando na auga. Sacárona e realizaronlle manobras de reanimación mentres non chegaba a ambulancia. O corpo non presenta síntomas de violencia e descoñécense as causas da caída a auga. A policía investiga o sucedido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha