Un pesqueiro de baixura de Malpica, o Villar Blanco, rescatou mentres pescaba este xoves un cadáver que aboiaba no mar preto das illas Sisargas. Trátase do corpo dunha muller, en avanzado estado de descomposición. O pesqueiro deu aviso á Garda Civil e unha embarcación de Salvamento Marítimo encargouse de trasladar o cadáver a terra para realizarlle a autopsia, identificalo e determinar as causas da morte.