Aparece o cadáver dunha muller na praia de Espiñeiro, Oleiros

turismo.gal

Este luns, pasadas as 10 da mañá, un viandante atopou o corpo sen vida dunha muller na Praia de Espiñeiro, en Oleiros.

Inmediatamente se lle avisou ó 112 Galicia, pero aínda que os servicios de emerxencia chegaron rápido ata o lugar dos feitos, a persoa xa estaba morta.

Os axentes da Garda Civil e da Policía Local tratan de esclarecer as circunstancias do seu falecemento.