Aparece o cadáver dunha persoa no río Ulla en Padrón

1 minutes read

De momento non se teñen datos da persoa, un varón de mediana idade, cuxo cadáver apareceu a primeira hora da tarde deste sábado aboiando no río Ulla ao seu paso pola localidade de Padrón, preto da fábrica de FINSA. Tampouco se coñecen as causas que provocaron a súa morte. O corpo apareceu con roupa deportiva e con signos evidentes de descomposición, polo que a morte puido producirse hai días. No lugar traballaron efectivos dos servizos da Policía Local, Protección Civil e Bombeiros do Barbanza. A Garda Civil manten aberta unha investigación para identificar a esta persoa e esclarecer as causas do sucedido.