Aparece o corpo dun home sen vida en Riazor

A última hora deste venres apareceu un corpo flotando na auga da praia de Riazor na Coruña. O cadáver atopábase a varios metros da beira, onde aínda había numerosos bañistas, que aproveitaban a calor para prolongar a súa estancia no areal coruñés.

O achado alertou aos usuarios, que foron quen deron aviso aos servizos de Emerxencia. Case ao momento, os bombeiros e a Policía Local traballaron para recuperar o corpo. Tamén interviñeron unidades do 061 e da Policía Nacional.

O cadáver corresponde a un home de entre 50 e 60 anos con botas e equipamento de pesca e que polo seu estado levaba varias horas na auga. Investíganse as causas e a identidade da persoa falecida.

Estes feitos prodúcense un mes despois de que outra persoa tivese que ser rescatada nas augas de Riazor, cando se estaba bañando, polo que cumpre facer unha chamada a prudencia na zona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha