Galia Baba Chamah, tiña 24 anos e desaparecera na tarde do sábado. Este domingo denunciouse a súa desaparición e iniciouse a súa procura. Unhas sesenta persoas estaban a participar no operativo, a Garda Civil por terra e aire, a Policía Local, Protección Civil e varios veciños da zona comezaron este luns ás 15:30 horas unha batida de procura polo municipio. Ademais, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) puxera ao dispor dos axentes da Garda Civil o equipo técnico de drons para colaborar neste dispositivo. Un can de rastrexo daba sinais pola zona este domingo, pero non se localizou nada. Pasadas as sete da tarde, uns ciclistas que participaban no dispositivo de procura encontraron o seu corpo nunha pista próxima ao colexio Artai, e que une a estrada a Razo DP-1902 co lugar de Xoane. A Garda Civil confirmou que non se aprecian signos da intervención de terceiras persoas no falecemento da moza. En todo caso, a autopsia revelará as causas exactas da súa morte.
39