Aparece sen vida unha muller en proceso de busca en Sandiás

1 minutes read

O persoal do 112 Galicia tivo coñecemento da desaparición desta veciña de Sandiás de 80 anos ás 19:30 horas do sábado, foi cando os axentes da Garda Civil solicitaron o apoio doutros recursos de emerxencias para tratar de localizar á muller. Así, a Axencia Galega de Emerxencias puxo en marcha o equipo especializado no manexo dos drons, que actuou, durante varias horas na madrugada, nun radio de acción próximo á vivenda da desaparecida con resultado negativo.

Este domingo foi localizado o seu cadáver nun pozo situado a un quilómetro escaso do seu domicilio en Zadagós. Así o confirmaron ao 112 Galicia os axentes da Garda Civil. Segundo indicaron, axentes forestais da Xunta de Galicia, que tamén colaboraron na busca, foron os que localizaron o corpo da muller.