Aparece un cadáver aboiando en Fene

1 minutes read

A Garda Civil investiga as causas que puderon provocar a morte dun home que foi recuperado cando aboiaba na zona de San Valentín, no concello de Fene.

O 112 Galicia tivo constancia do sucedido, tras o aviso da Policía Local da localidade, ao fío das 20:30 horas.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron a Salvamento Marítimo, desde onde se enviaría unha embarcación, e o servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Fene.

Finalmente, os servizo de salvamento confirmou que o corpo sen vida foi rescatado da auga por unha das embarcación mobilizadas. De momento, descoñécense as circunstancias da morte.