42
Un cadáver apareceu na Barqueira, en Cerdido, preto do lugar onde se lle perdeu a pista ao mozo coruñés Yago de la Puente, desaparecido o último día do Festival de Ortigueira do ano 2019. Este corpo atopouno un operario que limpaba unha ganxa no lugar de Casanova. A Garda Civil acudiu á zona cunha comisión xudicial para realizar o levantamento do cadáver e realizar as investigacións oportunas.